As obras da Avenida Luis Rocafort arrincarán o 1 de marzo

    SANXENXO> Xa hai data para o inicio das agardadas obras da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo. Os traballos comezarán o vindeiro 1 de marzo, segundo anunciaron esta mañá o deputado provincial de mobilidade e o alcalde da vila. A empresa conta con seis meses para executar a reforma integral, que se interromperá no verán para minimizar os trastornos a veciños e turistas.

     

    O vindeiro 1 de marzo arrincará a reforma integral da avenida Luis Rocafort de Sanxenxo. Este venres, a Deputación de Pontevedra asinará a adxudicación definitiva á empresa escollida durante o proceso de licitación.

    A empresa conta cun prazo de execución de seis meses, cun parón a partires do 15 de xuño. Despois do verán, as obras retomaranse o 15 de setembro.

    A intención é manter a circulación rodada, e os posibles cortes dependerán tanto da Policía Local como do concello. Outra das decisións tomadas é a substitución das palmeiras por 52 xacarandás, atendendo ás recomendacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

    Os traballos contemplan a renovación de todos os servizos, canalizacións subterráneas e luminarias, ademais de atender os criterios de accesibilidade universal. O proxecto conta cun orzamento de máis de 1.200.000 euros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/obras_luis_rocafort_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/08/obras_luis_rocafort.mp4{/flowplayer}