Clesa entra en concurso de acredores

    concursoclesa copia.jpg CALDAS> O titular do Xulgado do Mercantil número 6 de Madrid resolveu tamén que a familia Ruiz Mateos se aparte da xestión da empresa.

    {flowplayer}images/salnes/CONCURSO_ACREDORES_CLESA_MAIO.flv{/flowplayer}

    O titular do Xulgado do Mercantil número seis de Madrid vén de dar luz verde ó concurso voluntario de acredores solicitado pola sociedade Nueva Rumasa para unha das súas empresas, a firma láctea Clesa. De agora en diante, o letrado Àngel José Fernández-Río e o auditor Luis Pérez Gil serán os encargados de administrar a empresa durante o proceso concursal. O xuíz tamén determinou que sexa un representante da Axencia Tribuataria o que actúe como acredor.

    Ademais de declarar o concurso de acredores, o maxistrado Francisco Javier Martín decidiu afastar á familia Ruiz-Mateos da xestión da firma, ó entender que como propietarios, son responsables da crítica situación financeira que atravesa. Segundo figura no auto, o xuíz entende que as decisións empresariais adoptadas polos propietarios só contribuíron a prexudicar a situación patrimonial da firma, na actualidade cun pasivo de explotación ordinario de máis dun millón de euros fronte a un activo de 304 millóns.

    Arestora os traballadores de Clesa están pasando por un Expediente de Regulación de Emprego temporal e desde o comité de empresa da planta en Caldas foron xa varias as reunións mantidas con varias consellerías da Xunta e o Igape para tratar de salvar a firma. Neste eido, e trala recente detención do director do Igape e o subdirector de información, Dolores Ramos agarda que as xestións non se vexan truncadas.

    Redacción Salnés