200 escolares galegos participan no Encontro Escolar Audiovisual

    encontrosaudiovisuaisportoson_100.jpgPORTO DO SON> No marco da celebración deste encontro, fíxose entrega do premio Leixaprén a Manuel González Álvarez.

    A casa da cultura de Porto do Son acolleu o Encontro Audiovisual Escolar Galego, un espazo no que alumnos e docentes de dezaoito centros educativos de Galicia mostraron os seus traballos neste eido. No marco da celebración deste encontro, fíxose entrega do premio Leixaprén a Manuel González Álvarez en recoñecemento ó seu labor de promoción da lingua galega no ámbito do audiovisual.

    Máis de douscentos escolares de dezaoito centos educativos de toda Galicia mostraron os seus traballos audiovisuais e asistiron a aulas de cine impartidas por prestixiosos especialistas no marco da celebración do Encontro Audiovisual Escolar Galego, organizado polo IES de Porto do Son e Soncine.

    {flowplayer}barbanza/encontrosaudiovisuais.flv{/flowplayer}

    Ademais os docentes dos centros participaron nun foro para reflexionar sobre a necesidade de desenvolver un espazo de intercambio do audiovisual escolar co obxectivo de compartir traballos e experiencias, mellorando así a formación audiovisual do alumnado.

    González Álvarez, que traballa neste eido dende hai máis de trinta anos, foi responsable do programa ‘A imaxe na escola’. Tamén dirixiu a Escola de Imaxe e Son da Coruña e a Axencia Audiovisual Galega e estivo detrás de proxecto pioneiros como Flocos.TV e Cinemas Dixitais.

    A xornada pechouse ca celebración das aulas de cine, obradoiros nos que profesionais galegos da dirección como Luis Avilés, da imaxe como Fran Piñeiro ou do guión como Daniel Domínguez ofreceron ós alumnos unha mostra dos seus coñecementos.

    Redacción Barbanza