Feijoo inaugura a renovada ponte da Illa trala súa reforma integral

    inauguracion_ponte_illacopy.jpgA ILLA/VILANOVA> O Presidente da Xunta inaugurou, ademais, o novo vial de acceso ó Porto do Xufre, con tres quilómetros de lonxitude.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_PONTE_ILLA.flv{/flowplayer}

    Foi no ano 1985 cando se inauguraba esta ponte que uniría a Illa de Arousa con Vilanova. Daquela supoñía unha auténtica revolución que viña a mellorar a calidade de vida dos veciños desta vila. Hoxe, grazas á inversión da Xunta de Galicia de máis de catorce millóns de euros é unha infraestrutura totalmente renovada.

    E é que esta obra responde ós compromisos da Xunta de atender as necesidades dos concellos e de seguir avanzando a pesares da situación actual. En palabras do Presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, esta infraestrutura, pola que transitan diariamente máis de oito mil vehículos, é sinónimo de progreso e creación de riqueza.

    Esta mellora da ponte responde, tamén, ó reto da Xunta non só de dotar á comunidade con novas infraestruturas senón de garantir a conservación das xa existentes. Este é o espírito do Plan Move deseñado polo goberno autonómico.

    Finalmente, Feijoo destacou que a inversión que a Xunta realizou sobre a ponte da Illa, con case dous quilómetros de lonxitude, representa case o dobre do que custou.

    Vial ó Xufre 

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_XUFRE_FEIJOO.flv{/flowplayer} 

    Trala visita á ponte da Illa, o Presidente da Xunta de Galicia, o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas e diferentes representantes políticos do Salnés desprazáronse ata a Illa de Arousa para inaugurar o novo acceso ó porto do Xufre que conta con tres quilómetros de lonxitude.

    Agustín Hernández salientou que esta infraestrutura, na que se inverteron case sete millóns de euros, vai repercutir directamente sobre a calidade de vida dos veciños da Illa.

    Neste senso o Presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, destacou que esta estrada beneficiará especialmente á actividade pesqueira e ó turismo xa que mellorará a accesibilidade e as comunicacións ó municipio.

    Desde a súa apertura no mes de abril, segundo datos oficiais, dúas mil persoas empregaron diariamente esta estrada para chegar ó seu destino.

    Redacción Salnés