Ros Casares volve a interesarse polo porto de Vilagarcía

    VILAGARCÍA > Despois de dous anos co asunto enriba da mesa, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía iniciará os trámites para a instalación da empresa Ros Casares no peirao de Ferrazo. As negociacións retomadas polo actual presidente inclúen un preacordo con Granorsa para reubicala e dispor da superficie que pide a empresa siderúrxica.

    jesuspaz_300_080606.jpgO presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía anunciou ó Consello de Administración un acordo con Granorsa que permite desbloquear a entrada de Ros Casares no peirao de Ferrazo. De feito o xigante siderúrxico xa manifestou oficiosamente o seu interese en ter unha concesión duns 14 mil metros cadrados en Vilagarcía. Jesús Paz agradeceu a ambas empresas e ós negociadores a súa boa disposición ó diálogo.

    O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía abordou tamén a sentenza sobre os depósitos de Ferrazo. O presidente, Jesús Paz, reiterou o seu respecto ós actores inmersos neste proceso e asegurou que esperarán a que a sentenza sexa firme para analizar os efectos sobre a actividade do porto. En canto á decisión de Industria de non recorrer amosou o seu máis absoluto respecto.

    O consello valorou a participación no proxecto Senda dos Faros. A Autoridade portuaria porá a disposición de Portos de Galicia un total de sete faros, entre eles o das illas de Sálvora e de Rúa, o de Corrubedo e o de Punta Cabalo, na Illa de Arousa. Tamén se incluirán as balizas de Punta Cabeiro e Punta Sofocho, en Baroña.

    Redacción Salnés