VILAGARCIA> Vilagarcía alíase para loitar contra o cancro de próstata e testicular a través do movemento Movember. As iniciativas habituais do salón de peiteado de Mike Barber Shope e da Farmacia Roldán únense este ano o concello e a Asociación Galega de Linfedema. O obxectivo é recadar fondos para a investigación desta enfermidade e fomentar que os homes acudan a facerse probas para previr e reducir os casos.
Dende hai anos, dous establecementos de Vilagarcía, o salón de Peiteado Mike Barber shop e a Farmacia Roldán, súmanse ao Movember. Un movemento encamiñado a recadar fondos e concienciar sobre o cancro testicular e de próstata. A novidade é que neste 2021 non estará sos, concello e asociación galega de linfedema súmase a esta campaña.
Segundo a farmacia Roldán, cada ano diagnostícanse 35 casos destes cancros en España, dos cales 5 mil acaban en falecemento. Dende a farmacia fan un chamamento para que os homes acudan a facer as provas, especialmente os maiores de 50 anos e os maiores de 40 con antecedentes.
As súas iniciativas súmase este ano a Asociación Galega de Linfedema con diferentes iniciativas.
Para dar visibilidade á importancia de facerse probas e así previr e reducir o número de casos, este ano tamén se suma o concello de Vilagarcía.
A campaña rematará o 20 de novembro cun concerto solidario da duendeneta. Na actuación, o bar Miúdo e Estrella Galicia doarán todo o recadado.