CALDAS DE REIS> O concello de Caldas únese a unha iniciativa conxunta co concello de Cuntis, para favorecer a inserción laboral principalmente daqueles grupos de idade, que por diferentes circunstancias teñen máis difícil acceder a un posto de traballo.
O alcalde de Caldas de Reis presentou, este venres, xunto coa técnica de orientación laboral, do concello de Cuntis, unha nova iniciativa que permitirá orientar de maneira laboral a aqueles veciños que máis o necesiten, para poder atopar un posto de traballo.
Unha iniciativa que en Cuntis levan realizando dende o 2009, e que dende este mes de novembro tamén se realiza en Caldas.
Nas actualidade uns 60 veciños de ambos concellos están a facer uso de este servizo, que a bo seguro conseguirá a lo menos axudar a aqueles que teñen máis dificultades para atopar un emprego.
Dende o concello fixeron un chamamento a todas as empresas do municipio, para que transmitan as súas necesidades e demandas en canto a formación e perfís, para que deste xeito sexa máis fácil colocar os solicitantes que mellor se adecúen. Os que queiran participar poderán fácelo poñéndose en contacto con Irene Calvo, técnica de orientación laboral, que desenvolve a súa labor no concello de Cuntis, ou ben pedindo máis información no concello de Caldas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/20/orientacion_laboral_caldas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/20/orientacion_laboral_caldas.mp4{/flowplayer}