EU quere debater as obras a incluír no fondo de dinamización do estado

    090109_iniciativa_eu_vilagarcia_100.jpgVILAGARCÍA > O grupo Municipal de Esquerda Unida de Vilagarcía vai a solicitar a celebración dun pleno extraordinario no que se debata unicamente as actuacións…

    {flowplayer}images/salnes/090109_iniciativa_eu_vilagarcia_.flv{/flowplayer}

    … ás que van a ser destinadas as axudas dos fondos de dinamización do estado; cifradas en seis millóns e medio de euros.

    Os compoñentes de Esquerda Unida coinciden co BNG en opoñerse a que sexa o Partido Socialista o único en resolver as obras nas que se van a investir estes fondos anticrise estatais. Razóns pola cal propoñen conxuntamente este debate plenario. Neste pleno, o grupo que lidera Juan Fajardo defenderá a súa postura de inversión destes 6.5 millóns de euros.

    En primeiro termo, opóñense a que se destinen 1,2 millóns de euros á reurbanización, de novo tras doce anos, a rúa Rei Daviña. Os progresistas entenden que hai outros moitos lugares deste concello onde non se investiu ultimamente e que deberían ser prioritarios.

    Esquerda Unida négase tamén a que se gaste outro millón de euros en adecentar a finca de Carús, por ser este un exemplo de especulación urbanística en Vilagarcía. Fajardo apunta que esta achega do goberno ben puidera investirse na empresa municipal de vivenda, que debería construír vivenda social en varias das fincas dispostas neste concello.

    Redacción Salnés