Protesta da ANPA de Conmeniño para esixir a xornada única

    concentracion_conmeninocopy.jpgGROVE> Segundo a ANPA, a Xunta esgrime problemas de transporte para xustificar a súa reiterada negativa á concedelo cambio.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTA_PAIS_CONMENINO.flv{/flowplayer}

    Máis de trinta pais e nais manifestáronse esta mañá diante do colexio Conmeniño, no Grove, para esixir á Consellería de Educación que lle conceda a xornada única para os alumnos do centro para o vindeiro curso escolar.

    Foi no mes de febreiro cando o centro solicitou á Consellería de Educación a xornada lectiva única, tras comprobar a través dunha enquisa que o 80% dos pais preferían o cambio de horario. Desde aquela mantiveron sendas reunións na Delegación en Pontevedra e trala negativa, hoxe protagonizaron esta concentración ás portas do centro.

    O único que lle concederon foi a xornada única para este mes de xuño. Desde a ANPA sinalan que nestes momentos o colexio conta con 120 alumnos pero serán 150 o vindeiro curso os que se verán afectados. Segundo o Presidente, desde a Xunta esgrimen problemas de transporte para explicar a súa reiterada negativa.

    Estes pais, sinalaron, ademais, que a xornada única si a concederon ó CEIP As Bizocas e ó de Valle Inclán polo que consideran que os seus fillos están discriminados con respecto ó resto.

    Se esta concentración non sorte efecto, desde a ANPA xa sinalaron que acudirán ó resto de centros do municipio e mesmo ós representantes do concello para recadalo seu apoio.

    Redacción Salnés