A Xunta mellora os equipamentos de Protección Civil e os GES de 9 concellos en Pontevedra

SANXENXO> O vicepresidente da Xunta de Galicia, inaugurou a semana en Sanxenxo. Alí na praza dos Barcos tivo lugar un acto no que se dotou dun maior equipamento ás Agrupacións de Protección Civil e os grupos de emerxencias supramunicipais de nove concellos da provincia.
Alfonso Rueda estivo en Sanxenxo onde entregou máis equipamento aos grupos de emerxencia supramunicipais e as Agrupacións de Protección Civil de nove concellos da provincia, entre os que se atopan Cambados, Marín, Moaña, Ponteareas, Ribadumia, Valga, Sanxenxo,Lalín e Tomiño.
O vicepresidente da Xunta, entregou en Sanxenxo dous remolques de emerxencias para Protección Civil de Cambados e de Ribadumia, un furgón para os GES de Valga e o de Sanxenxo, quen tamén recibiu unha moto de auga.
Coa entrega de hoxe, o Goberno galego levou a cabo unha inversión de preto de 364.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.
Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva e o xerente da Axega, Marcos Araújo.