Vilagarcía homenaxea aos campións do mundo de kenpo Pedro Muñoz e Ricky Lages

VILAGARCIA> O Concello de Vilagarcía recibe aos dous atletas locais que competiron no campionato do mundo de Kenpo en Tunisia. Pedro Muñoz fíxose con 3 pratas e un ouro e Ricky Lages gañou unha prata e un ouro.

A selección española de kenpo desprazouse o pasado mes de maio a Túnez para disputar o campionato do mundo. Unha competición na que participaron dous mozos de Vilagarcía: Pedro Muñoz e Ricky Lages. Ambos conseguiron uns grandes resultados.

Acompañados polo seu adestrador Mario Hermo, ambos loitadores valoraron de forma moi positiva e sinalaron o orgullo e a presión que supón representar ao país e a súa zona.

Os éxitos non pasaron por alto no concello de Vilagarcía. O goberno local recibiu e agasallou aos dous competidores.

Ademais dos dous deportistas vilagarciáns, no campionato tamén participaron outros loitadores da nosa contorna como os pobrenses Paula Obuiña e Adrián Pego e o arousán Ricardo Ramos. Agora por diante teñen outros torneos como o campionato de España de clubs que se celebrará en Vilagarcía. Dende o club tamén invitan a todos aqueles que queiran coñecer e practicar este deporte a achegar as o ximnasio evofit onde ten a escola o club Kenpo Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí