![]()
BARBANZA> O presidente provincial do PP na Coruña reunise cos alcaldes e portavoces desta formación política adscritos ó Partido Xudicial de Noia.
{flowplayer}barbanza/reunionppnoia.flv{/flowplayer}
A xuntanza de traballo serviu para analizar e facer balance dos bos resultados electorais acadados polos populares, que foron a forza máis votada en oito dos nove municipios que integran estas dúas comarcas, o que supuxo seis maiorías absolutas e dúas relativas.
Acordo marco
Na súa comparecencia ante os medios Carlos Negreira fixo un chamamento ós outros dous principais grupos políticos en Galicia: PSOE e BNG, para acadar un acordo marco que posibilite que a forza máis votada sexa a que goberne en tódolos municipios.
Apretarse o cinturón
Negreira ratificou ademais o compromiso do PP de por en marcha gobernos austeros e eficientes, que lle dean prioridade á loita contra a crise económica e o paro, comprometidos co gasto social e cos servizos públicos.
Redacción Barbanza









