O Porto do Son revive o seu pasado castrexo cunha Feira Celta moi concorrida

O PORTO DO SON> Tamén no Porto do Son, a cita co pasado congregou a milleiros de visitantes na súa feira celta. O mercado artesán da Praza de España e rúas próximas foi o punto de encontro desta cita festiva na que a animación e a gastronomía fixeron gozar a tódolos que se achegaron ata a vila durante a fin de semana.

Como se dun auténtico poboado celta se tratase, O Porto do Son volveu esta fin de semana ás súas orixes. A Feira Celta, xa consolidada como unha cita festiva obrigada no calendario estival da comarca, congregou a centos de persoas atraídos pola gran oferta de animación.

O mercado, no que se podían adquirir pezas artesanais do máis singular, as propostas de animación de rúa e os espectáculos de gran formato, combináronse cunha oferta gastronómica do máis apetecible para facer desta feira unha proposta de lecer única.