Vilaxoán volve a ser foco de atención do remo nacional

VILAGARCÍA> Esta mañá foi presentado o Campionato de España de Traineiriñas que terá lugar esta fin de semana en Vilaxoán. Por segundo ano consecutivo o concello vilagarcián acolle a celebración desta proba, que terá un marcado acento galego.

{flowplayer}images/salnes/traineirinas_020611.flv{/flowplayer} 

Desembarca en Vilaxoán a edición número 65 do Campionato Nacional de Traineiriñas organizado polo Club de Remo Vilaxoán, coa colaboración de Concello, Deputación, Autoridade Portuaria e Federacións Española e Galega e Remo.

Que o campionato se celebre en Vilaxoán é un seguro de vida, máis aínda despois do vivido en Ferrol co nacional de bateis. A federación quixo defenderse das críticas recibidas pola organización daquel evento.

No estrictamente deportivo concurrirán 30 embarcacións, das cales 17 serán galegas. Nos xuvenís estarán entre outras Vilaxoán, Rianxo e Cabo da Cruz, en senior Amegrove e Cabo, mentres que nas mulleres participarán Vilaxoán, como representante do Salnés, e Cabo, como o do Barbanza. No campionato destaca a escasa presencia de embarcacións procedentes do País Vasco. 

Participarán dez traiñeiriñas en cada unha das tres categorías. As semifinais darán comezo o sábado ás 17:00 de ahí clasificaranse para a final as dúas mellores de cada quenda e a mellor terceira. As finais serán o domingo a partires das 12:00.

Redacción Salnés