RIBEIRA> Nova concentración en defensa da sanidade pública en Ribeira. Ducias de persoas manifestáronse como cada xoves para reclamar máis persoal sanitarios nos centros de saúde de Ribeira e de Aguiño. Este último non conta con ningún facultativo no mes de decembro.
Reclamar máis médicos e denunciar a privatización da sanidade pública. Con estes dous obxectivos, ducias de persoas volveron saír á rúa en Ribeira, onde as listas de espera en primaria poden chegar a demorarse ata tres semanas. Aínda peor está a situación en Aguino, con dúas baixas sen cubrir, e as axendas pechadas.
Dende a Plataforma pararán as mobilizacións durante as semanas de Nadal e Aninovo pero retomaranas tralas festas para seguir reclamando unha sanidade pública de calidade. O 16 de xaneiro desprazaranse ata Santiago onde se concentrarán en San Caetano ata que consigan ser recibidos polo Conselleiro.
O BNG volveu sumarse á reivindicación da plataforma pola Sanidade Pública esixindo ante a Consellería de Sanidade a dotación de medios técnicos e humanos que garantan unha asistencia digna, máis se cabe nesta época de maior incidencia da gripe. Así mesmo, o voceiro local do BNG criticou a falla de apoio do actual goberno municipal que non se postula do lado dos veciños nas súas lexítimas reclamacións.











