RIBEIRA> Esta mañá o Secretario Xeral para o Deporte asinaba co alcalde o convenio de colaboración que permitirá dotar á capital barbanzá desta infraestrutura.
En virtude do acordo, a Administración Autonómica aportará uns 600 mil euros do custe total da obra, que rondará o millón de euros. A cantidade restante saíra das propias arcas municipais.
Esta mañá vivíase un momento histórico para Ribeira. A sinatura do con venio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello que permitirá poder licitar a construción do tan ansiado centro de tecnificación de atletismo e deportes de combate.
Dende a Xunta destacaron tamén a importancia desta actuación que podería estar rematada xa antes de finais do ano que vén.
O módulo de atletismo e deportes de combate contará cun orzamento dun millón de euros, dos que a Xunta aportará algo máis da metade. O resto deberá ser asumida polas propias arcas municipais.