Os ribeirenses equípanse para evitar atropelos

    bandasreflectantesribeira_100.jpgRIBEIRA> A concellería de Seguridade reparte bandas reflectantes que os veciños poden recoller en distintos locais públicos e farmacias do municipio.

    Circular como peón polo casco urbano dunha cidade como Ribeira tamén ten os seus riscos, sobre todo, cando ós viandantes e condutores non cumpren as normas. Tampouco as parroquias se libran desta vaga de atropelos. A afección a camiñar, tan de moda ultimamente, incrementou o número de viandantes nas beiravías de moitas estradas do rural. Como medida preventiva, a concellería de Seguridade iniciou un reparto masivo de dispositivos de seguridade para peóns.

    {flowplayer}barbanza/seguridadevialribeira.flv{/flowplayer}

    Circular pola esquerda

    Camiñar e cruzar por lugares inapropiados ou estar despistado ó volante adoitan estar detrás de moitos dos atropelos que nos últimos meses se están a producir neste municipio. A medida parece que agrada os veciños de Ribeira ó estar encamiñada a evitar accidentes.Pero cumpren realmente os peóns as normas de circulacións?. Moitos teñen a teoría ven aprendida que sempre intentan poñer en práctica.

    Dispositivos luminosos

    Todos aqueles que desexen recoller algún destes dispositivos poden achegarse ata a sede da policía local, o rexistro da casa do concello ou o Auditorio municipal. As bandas tamén se distribuíron por algunhas farmacias da localidade. Non é a única medida adoptada dentro desta campaña. A concellería de Seguridade colocou indicadores luminosos para advertir os condutores que deben circular con precaución nas zonas de pasos de peóns e onde hai centros de ensino.

    Redacción Barbanza