Noia acomete a mellora estética e funcional do barrio do Couto

NOIA> O barrio do Couto en Noia está a ser obxecto dunha completa actuación que suporá unha importante mellora estética e funcional. O concello pretende tamén favorecer a conservación da Ponte de Traba polo que limitará a entrada de vehículos quedando restrinxida ó tránsito local.

As obras iniciadas xa hai unhas semanas permitirán a dotación dos servizos de saneamento e recollida de pluviais ás vivendas do barrio do Couto que será obxecto ademais dunha mellora estética.

O concello procederá tamén a introducir cambios circulatorios na zona, cambiando o sentido e circulación na Ponte de Traba de xeito que servirá unicamente como vía de saída. Deste xeito pretende reducir o tránsito de vehículo que soporta esta ponte medieval evitando así maiores molestias ós veciños.

Os investimentos con fondos propios que está a acometer o concello neste barrio xunto coa achega do POS da Deputación suman preto de 200 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí