Modesto Pose renuncia a súa acta de concelleiro

    fotoposecopia.jpgVILAGARCÍA> Dixo o socialista que el non será o candidato a alcaldía nas vindeiras eleccións e que o seu partido ten dereito a preparar o futuro.

    {flowplayer}images/salnes/ModestoPoseActaConcelleiro.flv{/flowplayer}

    Dixo Modesto Pose que el foi candidato debido a unha eventualidade, trala retirada de Carlos Guerrero por motivos de saúde, e que as súas actuacións sempre foron criticadas dende o principio.

    Segundo Modesto a súa decisión foi unha cuestión de responsabilidade e síntese moi orgulloso de todo o seu equipo e do proxecto levado a cabo, pero non volverá a ser candidato a alcaldía de Vilagarcía dentro de 4 anos.

    Para o socialista o partido debe prepararse para o futuro, co que vaia a ser o seu candidato. Pose ve tanto en Manuel Rodríguez Cuervo, coma en Tania García dúas persoas preparadas para levar adiante o partido.

    Tamén dixo Pose que tense dado a mesma situación noutros casos e que non se produciu ningún debate.

    Redacción Salnés