VILANOVA> O Grupo para o Desenvolvemento do Rural, o GDR do Salnés, inaugurou esta tarde os cursos para o Agro subvencionados polo…
{flowplayer}images/salnes/cursos_vino.flv{/flowplayer}
… Programa Europeo Leader 2007-2013; que financia o fondo Feader, o Ministerio e a Xunta. O Presidente do GDR Arousa, Jorge Domínguez; o alcalde anfitrión, Gonzalo Durán, e o Presidente da Asociación de Amigos da Música San Cristobal foron os encargados da súa inauguración.
Os cursos están repartidos por mensualidades; sendo o de aplicador e manipulador de productos sanitarios o primeiro en impartirse e o que máis interese suscitou entre os asistentes. Este apartado complementarase nestes dous vindeiros meses con formación específica en pragas e enfermidades do viñedo e agricultura ecolóxica e producción integrada. Xa en novembro estas actividades formativas versarán sobre as obrigas mediambientais nas explotacións, o envasado de froitas e hortalizas e a poda.
Estes cursos serán de balde para os participantes e neles formaranse a cadansúas 39 persoas por curso e serán impartidas pola empresa EIRA-Enxeñería e Consultoría Agroalimentaria. A demanda de prazas foi tal, que desde a GDR xa están pendando en aumentar o número de prazas para un futuro próximo
Redacción Salnés