Vilagarcía acolle o 12 e 13 de maio a III Mostra Musical do Eixo Atlántico

    mostra100.jpgVILAGARCÍA> A A terceira edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico celebrarase, de novo, en Vilagarcía, os días 12 e 13 de maio.

    {flowplayer}images/salnes/mostra_eixo_atlantico_090212.flv{/flowplayer}

    A preinscrición xa está aberta desde hai uns días e desde a organización confían en superar as once entidades e 200 músicos que participaron na edición anterior. Entre eles estará unha das institucións máis prestixiosas de Portugal, a Casa da Música de Porto. Nesta edición, ademais, os gañadores e incluso os participantes terán logo oportunidade de continuar a súa formación en centros como este.

    O Eixo Atlántico volve a contar coa colaboración do Concello de Vilagarcía, da Deputación de Pontevedra e da Xunta para organizar esta Mostra Musical. No caso do Concello, o alcalde sinalou que este ano supliron as subvencións por un maior esforzo na xestión.

    Nos últimos seis anos xa se organizaron tres Mostras Musicais do Eixo Atlántico e desde a organización cren que seguen o mesmo camiño que os Xogos do Eixo Atlántico, que levan 20 anos facéndose, pasando de 200 participantes na primeira edición a 1.500 na última.

    Redacción Salnés