Ladesol confía en superar a participación do ano pasado

    VILAGARCÍA> “Corro por tu sueño…” ese é o lema da segunda Carreira con fines solidarios que se celebrará o vindeiro 24 de este mes en Vilagarcía de Arousa. 

     

    Mais de 1200 corredores solidarios, sen contar con familiares e amigos… ese é o balance de participación da anterior edición da carreira Ladesol. Unhas marcas de participativas que esperan poidan ser superadas nesta segunda edición da carreira. 

    Esta actividade organizada pola Fundación, Lazos de Solidaridad, promove dous obxectivos: o primeiro o  de promover o desenrolo dos pobos, no terceiro mundo e crear unha estrutura para axudar a quen máis o necesita. 

    A carreira que terá lugar o vindeiro 24 de abril, en Vilagarcía, dividirase en dúas probas; unha andaina de 4,5 km de distancia, e unha carreira absoluta de unha lonxitude duns 10 kms. Os máis cativos terán a súa proba especial e recorrerán 100mts. 

    As dez da mañá, do domingo 24… darase saída a unha de esas carreiras especiais que teñen como meta toda unha mostra de humanidade e bos desexos, sen límite de idade. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/11/carreira_solidaria_ladesol.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/11/carreira_solidaria_ladesol.mp4{/flowplayer}