Castro Ratón: ‘O BNG presenta unha lista con 21 números un’

    fotobngcopia.jpgVILAGARCÍA> Así de contundente foi onte o candidato nacionalista á alcaldía na presentación da súa candidatura para as eleccións do 22 de maio.

    {flowplayer}images/salnes/BNG.flv{/flowplayer}

    Xosé Castro Ratón presentou a súa opción de goberno como estable, coherente e cercana ós cidadáns.

    Fronte á incerteza que, segundo el, xeran outras forzas políticas. Unha proposta firme en materia de emprego, a importancia da mocidade e da lingua, o medioambiente, a participación cidadá e o benestar social foron algúns dos ámbitos que os nacionalistas quixeron destacar como piares do seu proxecto.

    Un proxecto “sen fisuras” no que destacan a eficiencia da labor de equipo e do exercicio da responsabilidade política.

    A número dous da lista, e actual responsable da área de Igualdade e Benestar Social, Ana Lorenzo reafirmou o seu compromiso de aumentar as partidas orzamentarias destinadas ó gasto social.

    Fíxose referencia tamén á importancia as actividades culturais no concello, que segundo Castro Ratón nestes últimos anos converteron Vilagarcía nun referente en toda Galicia. Con proxectos ambiciosos e novidosos que contribúen ademais a creación de emprego.

    O alcaldable estivo acompañado neste acto de presentación pola deputada nacionalista no Congreso, Olalla Fernández Davila que mostrou o apoio de todo o partido ó BNG de Vilagarcía.

    Redacción Salnés