A escola de Pontevedra imponse na baixada do Umia

fotopiraguacopia.jpg RIBADUMIA> Esta proba, celebrada onte, correspóndese co Gran Premio Deputación de Pontevedra e co Memorial José Antonio Noya.

{flowplayer}images/salnes/BaixadaUmia.flv{/flowplayer}

A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra impúxose esta fin de semana na décimo séptima edición da Baixada do Umia, que se corresponde co Gran Premio Deputación de Pontevedra e co Memorial José Antonio Noya.

O segundo clasificado foi o Club Breogán do Grove e na terceira posición acabou o Mar Ría de Aldán. Illa de Arousa e Náutico O Muiño de Ribadumia foron cuarto e quinto respectivamente. Foi este último, xunto coa Federación Galega de Piragüismo, o encargado de organizar o evento que contou cunha alta participación e que só tivo unha pega; o baixo caudal de auga no río.

Tono Campos, que xa partía como un dos favoritos, entrou primeiro en C1 senior, minuto e medio antes que o segundo clasificado, Juan Ramón Bayón de O Muiño. A terceira posición foi para o isleño Carlos Agra.

Nas piraguas non houbo sorpresas, Jesús Rodríguez, do Fluvial Barco e internacional en varias ocasións, acadou oouro. Jacobo Millán e Alberto Rodríguez, foron segundo e terceiro respectivamente.

Tampouco defraudou a padexeira local, Ana Valín que se alzou ó alto do podio tras unha dura loita coa segunda clasificada, Raquel Rodríguez. A tercceira praza foi para Concepción Alfaya do Club Ría de Aldán, un dos que máis deportistas inscribiu na competición.

Á hora de entregar as medallas fíxose unha pequena homenaxe a José Antonio Noya, un dos fundadores do clube Náutico O Muiño.

Redacción Salnés