VILAGARCÍA> Vilagarcía segue traballando na recuperación dos seus espazos públicos. Esta mañá o alcalde achegouse ata o parque das Gaivotas, onde se está a levar a cabo unha actuación integral de posta a punto. Ademais da renovación da zona de xogos infantil, estanse a reformar os bancos e instalar novo mobiliario.
Nesta posta ao día desta zona, o concello investiu uns 40.000 euros. A eles hai que sumar máis fondos noutros espazos semellantes do municipio, como no Piñeiriño. Ao mesmo tempo, explica o rexedor, estase facendo un plan de infraestruturas para a renovación de distintos elementos.
De forma paralela, está en marcha tamén un traballo de inspección das zonas de arboreda, que vai xa polo 80%.











