Rueda asegura que as delegacións aforraron 4 millóns de euros

    rueda_touriscopy.jpg PONTEVEDRA> Rueda analizou co Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís o traballo feito nos dous últimos anos nesta delegación.

    {flowplayer}images/salnes/RUEDA_CON_TOURIS.flv{/flowplayer}

    Coa chegada do goberno de Feijoo producíase un cambio de modelo nas delegacións polo que se pasaba de trece altos cargos a cinco Delegados Territoriais en toda a Comunidade.

    Dous anos despois o balance non pode ser máis positivo. Así o manifestou esta mañá o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, trala xuntanza que mantivo co Delegado da Xunta en Pontevedra e cos dez xefes territoriais.

    Un aforro que se veu plasmado na racionalización do parque móbil, no aforro enerxético ou na redución das partidas protocolarias. En conxunto, uns catros millóns de euros.

    Agora, tal e coma sinalou Alfonso Rueda, toca seguir traballando na mesma liña trala configuración das novas corporacións. Nos dous últimos anos o Delegado da Xunta en Pontevedra realizou preto de 800 visitas ós concellos da súa xurisdición.

    Redacción Salnés