VILANOVA> Jorge María López non recibirá este sábado a súa acta de concelleiro tralas eleccións do 22 de maio. Esta decisión, …
{flowplayer}images/salnes/decision_jorge_maria.flv{/flowplayer}
…tal e como lles anunciabamos onte ven propiciada pola incompatibilidade do seu posto como administrativo neste Concello co de Concelleiro.
Jorge María leva varios días sopesando os pros e as contras da súa decisión; aínda que finalmente a dificultade de cambiar de concello para seguir de funcionario fixeron que tivese que escoller o ben da súa familia fronte as súas pretensións políticas. Con todo, asegura que vai a seguir traballando co PSOE local como se fose un concelleiro máis para intentar mellorar os resultados dos vindeiros comicios electorais.
Jorge María López agradeceu o respaldo e a comprensión dos seus compañeiros, tanto a nivel provincial como local, e agarda encontrar a mesma sensibilidade no resto dos afiliados socialistas desta vila que se reunirán pasado mañá. Por outra banda, o socialista non ten medo algún a que a súa condición de alcaldable poida supoñerlle atranco algún por parte do consistorio para o que traballa. De ter algunha, asegura que non vai a dar a calada por resposta.
Redacción Salnés