Comeza a conta atrás para o Europeo de triatlón

PONTEVDRA> Esta mañá tivo lugar a presentación o Campionato de Europa de Triatlón que se celebra en Pontevedra. No evento, que terá lugar do 24 ó 26 deste mes, participarán os mellores deportistas do mundo nesta especialidade.

{flowplayer}images/salnes/triatlon_070611.flv{/flowplayer} 

Numerosas autoridades locais, provinciais e autonómicas déronse cita hoxe na presentación do Campionato de Europa de Triatlón que se celebra a finais deste mes en Pontevedra. Serán tres días de competición nos que se reunirán máis de 2.000 deportistas. As probas comezarán o día 24 co Campionato de España Universitario e o Europeo Junior. Para o sábado 25 quedarán  as carreiras populares, pola mañá, e pola tarde o paratriatlón e as de categoría élite. O domingo pecharanse as competicións coas carreiras de relevos.

O presidente da Federación Galega, Francisco Villanueva, quixo destacar a presenza de varios deportistas galegos nas diferentes probas: haberá catro júniors, Diego Paz, Roberto Barral, Camila Alonso e Melina Alonso. Susana Rodríguez participará no pratriatlón mentres que nas probas absolutas estarán Marta Jiménez, Iván Raña e como non, o campión do mundo, Javier Gómez Noya.

Pero os galegos non estarán precisamente sos. Nestes momentos, que aínda non se pecharon as inscricións, está confirmada a presencia dos mellores triatletas do mundo como os irmás británicos Alistair e Jonathan Brownlee e os rusos Dmitry Polyansky e Alexander Brukhankov. Entre as mulleres destaca a presenza da actual campiona de Europa, a suíza Nicola Spirig. Un cartel de luxo acadado, según Lete Lasa, grazas a unión de todas as institucións, persoas e patrocinadores privados que permiten facer posible o evento. 

Espérase que o público sexa un dos principais protagonistas da proba tal e como ocorreu nas tres probas da Copa de Europa que se teñen celebrado en Pontevedra nas que máis de 30.000 persoas saíron á rúa para acompañar aos triatletas.

Redacción Salnés