Sanxenxo abre en Semana Santa as súas oficinas de Turismo

    turismosanxenxo100_040407.jpgSANXENXO > No Salnés, un dos lugares de maior atractivo turístico segue a ser Sanxenxo. Por iso, o Concello decidiu complementar …

    … a oficina de Turismo do Porto Deportivo coa apertura tamén da de Portonovo.

    As boas condicións climatolóxicas previstas para Galicia esta Semana Santa xa trouxeron os primeiros visitantes ata Sanxenxo, algúns deles xa se atopan no municipio atraídos pola festa da Raia de Portonovo. O forte non se espera ata mañá pero o Goberno local xa intensificou a súa labor informativa dirixida ó turista.

    turismosanxenxo200_040407.jpgDesde o domingo está aberta a Oficina de Turismo de Baltar, en Portonovo, que permanecerá operativa ata o día 8, con horario de dez a unha e media pola mañá e de 5 a 8 pola tarde, de martes a domingo. Esta oficina complementará o servizo que ofrece a do Porto Deportivo de Sanxenxo, aberta durante todo o ano. Nestes locais o visitante é atendido por persoal especializado.

    Nesta Semana Santa vense os froitos das campañas de promoción desenvolvidas desde o Concello e dirixidas sobre todo a comunidades veciñas, que non se atopan a máis de cinco horas de distancia, como País Vasco, Castela e León, Madrid, e Asturias. A promoción exterior continuará despois de Semana Santa, e en maio Sanxenxo estará na Expovacacións de Bilbao.

    Redacción Salnés