SANXENXO> Esta mañá foi presentada a I Bandeira Águila de Sanxenxo. Con ela darase o pistoletazo de saída á temporada de traíñas, nunha regata que se celebrará o domingo e na que participarán quince embarcacións, trece delas pertencentes á Liga Galega.
{flowplayer}images/salnes/Bandeira_090611.flv{/flowplayer}
Comeza a temporada de traíñas e faino cunha regata debutante pero que pretende converterse nun referente nos vindeiros anos. Á presentación do evento acudiron en representación da organización da bandeira, Manuel Fandiño, presidente de Amegrove, Baltasar Fidalgo de O Barco Pizcompact, patrocinador da regata, e a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González.
Participarán quince embarcacións nesta Bandeira Águila de Sanxenxo. Trece das catorce da Liga Galega, tan só faltará A Cabana de Ferrol, xunto con Tirán da Liga ACT, e un equipo convidado do levante español, formado por remeiros do Universidad Politécnica de Valencia e o Campello. A competición dará comezo ás 12:00 do domingo e disputaranse tres quendas con cinco participantes en cada unha delas, ordenados polos resultados acadados na Liga Galega a temporada pasada, se ben o Universidad de Valencia participará na primeira e Tirán remará xunto ás catro mellores do 2010: Amegrove, Meira, Cabo e Chapela.
Repartiranse 12.000 euros en premios, 2000 deles irán a parar a mans do vencedor. Os organizadores xa miran cara o 2012 no que pretenden que participen as mellores traíñas do Cantábrico.
Redacción Salnés