Interrías e Junquera amosan unha mellor cara na segunda xornada

futbolsala250_290909.jpgSALNÉS> Tralo mal arranque dos conxuntos do Salnés a semana pasada, ésta as sensacións e os resultados, melloraron. O Grupo Junquera empatou é o Viajes Interrías venceu a domicilio.

Un dos obxectivos do Viajes Interrías era gañar un partido canto antes, por iso de quitarse certa ansiedade no caso de que as victorias tardasen en chegar. O bo é que esta fin de semana acadou un triunfo ante un dos que se presume rival pola permanencia, o Coruxo, e ademais a domicilio.

Un partido moi igualado na primeira metade que tan só puido desnivelar Manolito a sete segundos para o remate colocando o 0-1 no marcador. Pese a rápida reacción no segundo tempo dos locais, que souberon empatar o partido, os portonoveses sentenciaron o partido en cinco minutos de inspiración, nos que acadaron catro tantos, feitos por Óscar, Salgueiro, Pibe e Rubén. Con 1-5 no electrónico tan só quedaba aguantar a renta ata o final e así o fixeron. Pese ós intentos dos vigueses a victoria non se lle escapou ó Vijaes Interrías. Manolito fixo o sexto para redondear o 4-6.

Esta victoria os deixa agora en metade de táboa e á espera de recibir este venres ó Leis, no día no que se lle fará entrega ó club do trofeo q1ue o acredita como campión da 1ªB do ano pasado.

Precisamente nesa categoría o Grupo Junquera non acaba de arrancar, aínda que sumou un punto e deixou mellores sensacións que a semana pasada en As Pontes.

Ésta, tiña en fronte ó Bueu un equipo moi agresivo e correoso que lle puxo as cousas complicadas ós de Rodrigo Feijóo. Pese a levar a iniciativa durante a primeira metade no xogo e no marcador afrontaron os últimos minutos con 2-3 abaixo. Ó final aparecería Adrián para rescatar un punto no 39′. A semana que ven xogarán fóra ante o Cerdedo.

Redacción Salnés