Escaseza de capturas de sardiña cando faltan 14 días para San Xoan

    fotosardinacopia.jpg CAMBADOS> Este é o mellor momento do ano para comela, é cando mellor se atopa de calidade, pero as capturas non están a ser todo o boas que deberan.

    {flowplayer}images/salnes/PescaSardinaCambados.flv{/flowplayer}

    Esta mañá na lonxa de Cambados descargáronse ó redor de 200 caixas de sardiña. Unha cifra que dende a lonxa consideran dentro da normalidade aínda que moitos dos barcos que saen a por esta especie regresan a terra con menos do habitual. Onte por exemplo non houbo sardiña nesta lonxa e esta mañá o Nuevo tres costas, só descargou 14 caixas. Con todo o patrón maior agarda que se trate dunha cuestión puntual.

    A calidade da sardiña neste momento é moi boa, sendo este, como se adoita dicir, o mellor momento do ano para comela, porque é cando máis grasa comeza a ter.

    En canto ós prezos polo de agora mantéñense bastante estables pero a medida que se achegue a noite de San Xoan esperan que comecen a subir. Aínda así dende a Confraría aseguran que máis que da festa das cacharelas dependerá da cantidade de sariña que se colla.

    Armadores doutros puntos como Camariñas, Malpica, A Coruña ou Pontedeume tamén mostraron a súa preocupación pola escaseza de sardiña.

    Redacción Salnés