Est. Otero e Extrugasa arrollan ós seus rivais

CAMBADOS> Se no futbol a xornada non foi boa en xeral para os equipos do Salnés, todo o contrario aconteceu no baloncesto. O Extrugasa venceu en Ferrol e meteuse na final da Copa Galicia e o Xuven de Cambados apalizou ó Obradoiro no seu debut ligueiro.

Mellor inicio imposible para o Establecimientos Otero. Os 37 puntos de diferencia que reflectíu o marcador final (85-48) deixa ben ás claras o que aconteceu no Pombal.

O encontro víuse desnivelado xa antes de comezar, debido a que o cadro santiagués tan só puido contar con cinco xogadores. Con todo, as vantaxes a favor dos cambadeses comezaron a ser importantes xa dende o primeiro cuarto, cando se foron trece arriba.

Os de Diego Doval foron guiados en ataque por Jesús Díaz dende o perímetro, autor de cinco triples, e na pintura Grismay Paumier, que rematou con 23 puntos, 11 rebotes e 30 de valoración. O cubano deixou unha grata impresión no público, amosando a súa potencia física en varios mates e accións espectaculares.

O Xuven desequilibrou definitivamente o choque no comezo do terceiro cuarto, cando as diferencias fóronse por enriba dos 20 puntos.

Esta ampla victoria colócalles no liderato provisional do grupo antes de visitar a semana que ven ó Ourense Capital Termal.

Mentres o Extrugasa gañou en Ferrol por 34 puntos (56-90), polo que confirmou o seu pase á final da Copa Galicia. As de Tito Díaz non tiveron problemas para impoñer ó seu rival. Pese a que as locais aguantaron o tirón inicial, nada puideron facer na segunda parte, que foi un paseo para as vilagarciáns. Vynuchalova, con 20 puntos, e Ylenia Manzanares, con 16, foron as máis destacadas en ataque.

O equipo continúa a deixar boas sensacións nesta pretemporada e mellora día a día de cara ó inicio ligueiro, que se producirá o 10 de outubro.

Redacción Salnés