O Rasoeiro gaña ó Lalín e métese nas semifinais de Copa

balonman250_220408.jpgGROVE > O Rasoeiro xa está nas semifinais do torneo de Copa despois de gañar ó Lalín por 32-31. Un gran resultado que non ven máis que a refrendar a gran temporada que o conxunto grovense esta a realizar.

O Rasoeiro xa está en semifinais de Copa despois de realizar un auténtico partidazo no Monte da Vila ante o Lalín.

Partidazo porque os de Lao Santos viron como se lles complicaba e moito o encontro dende os primeiros compases; ós vinte minutos perdían por sete goles de diferencia, unha distancia para moitos equipos insalvable pero non para este Rasoeiro, que gaña en confianza partido tras partido.

Un tempo morto de Lao Santos cortou a mala racha, puxéronse serios en defensa e as cousas comezaron a funcionar en ataque. Na portería Dani, habitual porteiro suplente, dispuxo duns minutos nos que axudou ó seu equipo con paradas de mérito. 15-16 e ó descanso.

Tralo paso polos vestiarios viuse o partido que se agardaba tenso e igualado ata o final, pero no que os grovenses tiraron de calidade para levarse a victoria pola mínima: 32-31. Borja foi desta volta o máximo goleador do conxunto meco con 10 tantos. Agora os grovenses agardan en semifinais ó Cisne Grupo Pirsa. O equipo pontevedrés actuará como local.

Este resultado do Rasoeiro completou unha gran fin de semana para o club grovense no que o cadete feminino acadou o subcampionato galego, despois de caer na final co Porriño. Ademáis o equipo infantil femenino gañou a súa liga e o masculino a Copa. Vaia final de campaña.

Redacción Salnés