A Policía Local conta con 3 novos auxiliares para a tempada estival

    policia_local_poiocopy.jpgPOIO> Segundo Luciano Sobral este incremento débese á necesidade de reforzalo servizo durante estes meses ante a afluencia de turistas.

    {flowplayer}images/salnes/POLICIA_LOCAL_POIO.flv{/flowplayer}

    O pasado seis de xuño foi o día no que se incorporaron os tres auxiliares á Policía Local de Poio. E o seguirán facendo durante os próximos catro meses.

    Con este reforzo do corpo, pasando de dez a trece, dáse resposta a unha necesidade do concello durante á época estival, xa que a poboación pasa de dezasete mil habitantes a preto de cincuenta mil.

    Debido a esta necesidade, o alcalde confesou que xa solicitaron unha subvención á Xunta para incorporar cinco auxiliares. Polo momento non recibiron resposta pero, adiantou, que se lla conceden, reforzarán aínda máis o servizo da Policía Local.

    De cara a vindeira lexislatura, Sobral adiantou que tentarán incorporar á plantilla da Policía Local dous ou tres traballadores máis.

    Redacción Salnés