O helicóptero do 061 traslada un ancián tras caer dun tellado

    RIBADUMIA> Susto no lugar do Freixo, en Ribadumia. Este mediodía un ancián tivo que ser evacuado en helicóptero tras precipitarse dende un tellado no que estaba a traballar. O home foi trasladado ata o Hospital do Salnés conscientes, pero con dores no lombo.

     

    Un accidente doméstico no lugar do Freixo provocou este mediodía a mobilización dun helicóptero e dunha ambulancia do 061. Un veciño de 83 anos tivo que ser evacuado tras caer do tellado no que estaba a traballar, dunha altura aproximada de 4 metros.

    A pesares de que non chegou a perder a consciencia, queixábase dunha forte dor no lombo, polo que os sanitarios decidiron o seu traslado ata o Hospital do Salnés. Despois de examinalo no lugar dentro da ambulancia, foi o helicóptero o que o levou ata o centro comarcal.

    Ademais dos servizos sanitarios, ata a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil de Ribadumia e da Garda Civil.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/01/accidente_freixo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/01/accidente_freixo.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí