Os nenos serán os protagonistas do programa festivo do Nadal en Cambados

    CAMBADOS> O Concello de Cambados presentou esta mañá a programación de actividades durante a tempada de Nadal. Dende o seis de decembro ata o seis de xaneiro os rapaces serán os principais protagonistas destas xornadas. A postal gañadora do Concurso de postais entre os colexios será o centro do cartel festivo. A autora é unha rapaza que cursa o quinto curso e pertence o colexio Antonio Magariños.

    As actividades comezarán a vindeira semana coa exposición do Belén. Como novidade e a causa das obras que se están desenvolvendo na casa do Concello trasladarase o Pazo de Torrado. Este ano non será vivinte, estará constituído por figuras moi valiosas cedidas por un cambadés, Manuel Rial Rei.

     

    O auditorio de Xuventude acollerá un ano máis a cuarta edición do concerto de Nadal organizado pola Coral Polifónica de Santa Mariña. O Concello farase cargo da animación na rúa organizada pola asociación de Comerciantes Zona Centro que poñerá a maxia do Nadal o día de noiteboa. Durante todo o mes desenvolveranse ludotecas e obradoiro  s de maxia tanto na vila cambadesa como nas diferentes parroquias. O día de noitevella os rapaces deleitaranse cunha gran festa infantil na praza do Concello. A cabalgata e a entrega de xoguetes os nenos da Atención Social completarán o calendario festivo.A postal gañadora do concurso de Nadal que se desenvolveu entre os colexios cambadeses estará presente dentro do cartel, a rapaza que acadou o premio pertence o Colexio Antonio Magariños e estudia no quinto curso.

    Redacción Salnés