O Cortegada non xogará en Liga Feminina a vindeira tempada

fotocortegadacopia.jpg VILAGARCÍA> Esta foi a conclusión da asemblea que se celebrou onte, e que puxo de manifesto a imposibilidade do clube de asumir o gasto que conleva estar na máxima categoría.

{flowplayer}images/salnes/AsambleaCortegada.flv{/flowplayer}

Vilagarcía non contará a tempada que ven cun equipo na máxima categoría do baloncesto nacional feminino. Farían falta 600.000 euros para que o equipo puidera permanecer en Liga Feminina, cantidade que, sen o patrocinio de Extrugasa, é inasumible.

Trala disimión de Andrés Quintá, onte era o momento de que se presentaran novos candidatos á presidencia pero ó non aparecer ninguén serán os anteriores directivos os que seguirán a dirección do clube como xunta xestora.

O que non quedou de todo definido na reunión de onte é se o equipo xogará en Liga Feminina 2. A intención da xestora é que así sexa, polo que xa chegaron a un acordo co Unión de Navarra Basket para permutar a praza, sendo os navarros os que asumirían tódolos custes.

Con todo seguirían sendo precisos entre setenta e oitenta mil euros de ingresos previstos para sair en Liga Feminina 2, polo que habería que agardar para ver que pasa nos vindeiros días.

A xestora marcouse polo de agora un prazo de 10 días para encontrar apoios e tomar unha decisión definitiva.

Redacción Salnés