O IES A Xunqueira será un centro integrado de FP o vindeiro curso

    fp copia100.jpgPONTEVEDRA> Nestas instalacións poderán cursarse un total de 11 ciclos formativos con 250 prazas, completando así a oferta ofrecida polo Carlos Oroza.

    {flowplayer}images/salnes/REORGANIZACION_CENTROS_FP.flv{/flowplayer}

    Con esta reforma, a Consellería de Educación asegura reforzar a súa aposta por este tipo de formación, dando un paso máis na tendencia á centralización das diferentes familias profesionais. O novo centro integrado da Xunqueira disporá dun total de 11 ciclos formativos, ofrecendo ademais case un 21% máis de prazas de FP para o vindeiro curso.

    A Consellería creará neste centro un novo ciclo de grao medio en Atención Sociosanitaria, ademais de trasladar dende o Instituto da Xunqueira I o ciclo en Educación Infantil. Unha oferta que se completa coa formación ocupacional dedicada ó emprego.

    Pola súa banda, o Carlos Oroza engadirá ás súas ensinanzas o ciclo superior de dirección de Cociña, ademais de completar o segundo curso de Guía, información e asistencia turística.

    Os alumnos que actualmente cursan estudos da ESO ou bacharelato no IES da Xunqueira serán trasladados á Xunqueira II. Sobre o profesorado, Pérez Ares asegurou que non se destruirá ningún posto de traballo, ademais de que case o 100% da plantilla será recolocada en centros da capital.

    Redacción Salnés