![]()
MARÍN > A Semana Naval xuntará a partir deste sábado na Ría de Pontevedra a máis de 300 embarcacións nun amplo programa de regatas, que foi presentado hoxe no Real Club Náutico de Aguete. Serán cinco xornadas de competición a un total de nove clases.
{flowplayer}images/salnes/semana_naval.flv{/flowplayer}
MARÍN > A Semana Naval xuntará a partir deste sábado na Ría de Pontevedra a máis de 300 embarcacións nun amplo programa de regatas, que foi presentado hoxe no Real Club Náutico de Aguete. Serán cinco xornadas de competición a un total de nove clases. A primeira é o Campionato Galego de Catamaráns, en Sanxenxo. De entre todas, a organización destaca a de Vaurien, tamén en Sanxenxo.
A organización destacou desta Semana Naval a unión dos clubs náuticos da ría de Pontevedra, ademais de potenciar a náutica deportiva. Pero tamén serve como escaparate turístico dando cabida no seu programa a probas nacionais. Nesta edición celebrarase o Campionato de España de Pesca Submarina, para o 27 e 28.
En total, serán máis de 600 deportistas os que se dean cita na Ría de Pontevedra, entre os que destacan Sandra Azón, tricampeona do mundo da clase 470; e Javier Porto e Alberto Martín, bicampións do mundo de clase Vaurien.
Redacción Salnés







