Ribeira mergúllase na súa peculiar ‘Artemar’

    RIBEIRA> A praza do Concello foi escenario onte pola noite da lectura do pregón inaugural da feira Artemar, a cargo da deportista local, Campioa Galega de Triatlón, Sabela Pensado. Este acto daba ademais inicio a un amplo abano de actividades que se prolongarán tamén durante toda a fin de semana organizadas por distintas asociacións locais que toman parte tamén nesta feira. Obradoiros de elaboración de marcapáxinas, de confección de redes, de vainicas, degustacións de xurel e xarda, ou actuación de pandereteiras, ademais de diversos postos de artesanía galega.