Jealsa renova o seu compromiso con AMICOS tras máis dunha década de colaboración

BOIRO> Jealsa renova un ano máis o seu convenio de colaboración con AMICOS. O traballo conxunto entre as dúas entidade por máis dunha década permitiu habilitar servizos tan necesarios como a unidade de estimulación sensorial así como promover a inserción laboral das persoas con discapacidade.

O convenio entre AMICOS e o Grupo Jealsa permitirá manter e ampliar servizos tan necesarios como a unidade de inmersión e estimulación sensorial na que traballan con persoas con gran discapacidade.

Ademais, Jealsa seguirá a promover a inserción laboral dos usuarios de AMICOS, no só coa incorporación anual de 50 traballadores nas distintas empresas do grupo senón tamén a través da colaboración cos talleres de formación profesional da entidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí