Adolfo Muíños será o próximo alcalde de Rianxo

pactorianxo.jpgRIANXO> Esta mañá nacionalistas e socialistas oficializaban o acordo ó que chegaron as dúas formacións políticas nos últimos días.

{flowplayer}barbanza/pactorianxo.flv{/flowplayer}

Nove son os principios nos que se basea o pacto entre nacionalistas e socialistas coa premisa de acadar un goberno municipal sólido e estable para os vindeiros catro anos. Algúns deses puntos recollen o compromiso das dúas formacións por impulsar a acción municipal baseada na proximidade ós veciños, propiciando a participación cidadá e tratando de ofrecerlle ós rianxeiros un maior nivel de benestar. Así teñen previsto levar a cabo políticas de crecemento sustentable e respectuosas co medioambiente, con dúas especiais prioridades: a elaboración do PXOM e o desenvolvemento do actual polígono industrial.

Reparto igualitario

Haberá dúas dedicacións exclusivas, unha para o alcalde e outra para o tenente de alcalde. En canto ó reparto das áreas de goberno, esta será igualitaria para os dous grupos. Os nacionalistas encargaranse de tres departamentos: Educación, Cultura, Protección Civil e Persoal; Asuntos Sociais e Participación Cidadá; e Obras, Servizos, Vías, Parques e Xardíns, Medio Ambiente e Turismo. Mentres que os socialistas asumirán outras tres: Economía, Facenda, Comercio e Emprego; Deporte, Xuventude, Muller e Sanidade; e Urbanismo e Vivenda.

Programa común

Dende as dúas formacións insistíase na idea de acadar un goberno estable baseado na lealdade e na cooperación entre ambas partes e deseñado arredor dun programa común que parta da análise das propostas electorais, das dispoñibilidades orzamentarias e da necesaria austeridade.

Redacción Barbanza