Salomé Peña preside unha corporación renovada

    salome_baston copia.jpgRIBADUMIA> Salomé Peña toma posesión como alcaldesa e promete mellorar a taxa de emprego e manter os servizos existentes, pese á crise.

    {flowplayer}images/salnes/ribadumia_investidura.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> Mellorar a taxa de emprego, pero sobre todo, manter os programas e servizos existentes, pese á crise, son os principais compromisos feitos por Salomé Peña unha vez investida alcaldesa de Ribadumia.

    A maioría absoluta renovada nas urnas permitiulle recibir de novo o bastón de mando. A de Ribadumia é practicamente unha corporación renovada. Agás os populares Salomé Peña, Rafael Louzán e Jorge Abal, o resto tomou por primeira vez posesión da súa acta de concelleiro. Todos xuraron ou prometeron o cargo seguindo a normativa agás o edil do BNG Xoán Allegue.

    Na corporación, que agora suma 13 edís, tamén hai un grupo novo, o PSOE, que foi o único que se abstivo na votación para a elección de alcalde. Renovado o seu cargo de rexedora Salomé Peña tamén tivo palabras para a oposición.

    Redacción Salnés