SANXENXO> A popular Catalina González espera ilusionar ó resto de grupos da corporación para que formen parte do seu equipo de goberno.
{flowplayer}images/salnes/sanxenxo_investidura.flv{/flowplayer}
SANXENXO> A popular Catalina González espera ilusionar ó resto de grupos da corporación municipal de Sanxenxo para que formen parte do seu equipo de goberno.
Un goberno, o do PP, que nesta ocasión non conta coa maioría absoluta das últimas lexislaturas. Co bastón de mando nunha man, tendeu a outra á oposición.
Catalina González non foi a única candidata á alcaldía no pleno de investidura. Gonzalo Pita tivo o apoio dos tres edís de SAL e José Luís Rodríguez de VIPS votouse a si mesmo. Catalina González tivo só o apoio dos 8 edís do PP. BNG e PSOE abstivéronse de presentarse e de votar.
Proclamada xa alcaldesa, prometeu liderar un goberno honesto. Entre as moitas felicitacións que recibiu Catalina González no mesmo salón de plenos tivo a de Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia.
Redacción Salnés