O PP acusa de inacción ao goberno

    RIBADUMIA> A exalcaldesa de Ribadumia e voceira do Partido Popular critica a inacción do actual goberno.

    Segundo Salomé Peña, nestes meses o equipo de David Castro non tomou ningunha decisión de peso para os veciños do municipio. Tampouco levou ningunha cuestión importante aos plenos. Sinala que os asuntos propostos polo tripartito son unicamente de trámite, como o plan para dotar de alarmas aos edificios municipais. Peña atribúe esta parálise ás peaxes que, ao seu xuízo, ten que pagar o alcalde para manter satisfeitos aos seus socios de goberno. En concreto referiuse á remodelación do ximnasio e do comedor escolar; asegurou que son os últimos proxectos importantes postos en marcha en Ribadumia que, ademais, deixara licitados o Partido Popular. Dez meses despois de rematar a obra, as instalacións non se puxeron a disposición da comunidade escolar.