A Casa Museo de Valle Inclán foi o lugar elexido polo Patronato de Turismo Rías Baixas para presentar a súa última publicacón: “Las Rías Baixas de Valle Inclán”. Trátase dunha obra onde se misturan as vertentes cultural e turística xa que se dan a coñece-los concellos da comarca relacionados co autor de Divinas Palabras.
A presentación do libro “Las Rías Baixas de Valle Inclán” coincide coa Semana Cultural que o Concello de Vilanova organiza tódolos anos en honor ó autor. Para o vicepresidente da Deputación de Pontevedra e concelleiro de cultura de Vilanova, José Juan Durán, é unha excelente forma de comeza-los actos conmemorativos en honor ó autor local.
As fotografías de Luís Portas son un dos reclamos da publicación. Así o destacaron tanto o propio José Juan Durán como o director de Turismo Rías Baixas.
Para o Padroado de Turismo Rías Baixas, a publicación cumpre un dobre obxectivo: promocionar tanto o turismo como a cultura, unha liña na que queren seguir indagando xa que representa unha excelente ferramenta de traballo.
Redacción Salnés