A austeridade será a base do goberno de Dieste

    entrevistadieste100.jpgBOIRO> O novo alcalde dedicou os primeiros días no cargo a reunirse co persoal para ir tomando contacto co funcionamento habitual do concello.

    {flowplayer}barbanza/entrevistadieste.flv{/flowplayer}

    A elaboración e aplicación dun plan de saneamento que permita asumir progresivamente o pago das débedas é unha das primeiras medidas que ten previsto adoptar o novo executivo boirense.

    O alcalde, Xoán Xosé Dieste, aposta pola austeridade coa proposta dunha única dedicación exclusiva coa posibilidade, aínda por determinar, de habilitar algunha parcial.

    No apartado das obras, o novo executivo intentará levar a bo porto algúns dos proxectos iniciados polo anterior goberno como a dotación de abastecemento en varios núcleos, a ampliación do parque infantil na praza de Galicia ou os paseos do Río Coroño e Esteiro.

    Futuro do pazo

    Mención aparte merece o pazo de Goiáns, adquirido polo concello durante a pasada lexislatura. Os populares deberán decidir agora os usos da finca, tendo en conta as limitacións que introduce o convenio regulador.

    Está pendente unha subvención de cincocentos mil euros procedente do Ministerio de Cultura para comezar a rehabilitación do pazo, proxecto que os novos responsables municipais teñen previsto continuar.

    Redacción Barbanza