O IES Pobra imparte un taller de xestión emocional na adolescencia dirixido ós pais

A POBRA> O IES da Pobra segue a promover accións formativas en colaboración coa concellería de Servizos Sociais. Desta volta organizan un taller de xestión emocional, dirixido ás familias, para abordar o estrés e a ansiedade na adolescencia.

Tralo éxito das xornadas desenvolvidas en cursos pasados sobre a prevención de condutas aditivas ou as novas tecnoloxías, o IES da Pobra volve apostar por unha nova acción formativa, dirixida esta vez ós pais de estudantes de tódolos cursos.

O curso desenvolverase este sábado enrre as 10 e as 2, na sala de usos múltiples da instalación educativa. Estará impartida por Carlos Santiago, experto en intelixencia emocional que abordará entre outros aspectos a mellora dos estados emocionais ou a redución da ansiedade. Os familiares interesados poden inscribirse a través da aplicación Abalar Móbil. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí