RIANXO> Cansos da situación que están a padecer e vendo que se xa está a converter en algo insostible, un cento de veciños concentrouse a última hora da tarde de onte diante do centro de saúde para reclamar un reforzo para o servizo de pediatría.
A convocatoria desta concentración partiu de Rianxo en Común. Dende a formación sinalan que o problema deriva xa dende o ano 2019 cando o Sergas decidiu eliminar o escaso reforzo que tiña o servizo.
Na actualidade a pediatra ten que atender ata a 60 pacientes nunha mañá, máis do dobre do recomendable.
Ademais da concentración como acto de protesta, realizouse tamén unha recollida de sinaturas para remitirllas á Xerencia da Área Sanitaria de santiago na busca dunha solución e rexistraron unha moción para o seu debate no vindeiro pleno para instar ó Sergas a reforzar o servizo de pediatría na localidade.
Aproveitouse tamén o acto para demandarlle á Xunta a necesidade de abrir o consultorio de Taragoña, pechado dende a pandemia, e a de constituír un PAC de tarde en Rianxo.